A Casa acolleu a xornada "Internacionalización e Xestión da Diversidade", organizada por AEGAMA e a Fundación para a Diversidade e nela destacaron o valor da expansión no estranxeiro en tempos de crise como incentivo para o mercado español.

Notas de prensa
03/28/2012
03/28/2012
28/03/2012

A Casa acolleu a xornada "Internacionalización e Xestión da Diversidade", organizada por AEGAMA e a Fundación para a Diversidade e nela destacaron o valor da expansión no estranxeiro en tempos de crise como incentivo para o mercado español.

A Casa de Galicia foi o lugar elixido pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) e a Fundación para a Diversidade, para poñer de manifesto a necesidade de que "as organizacións formulen unha estratexia para a xestión da diversidade se queren levar a cabo un proceso de internacionalización". Para iso, celebraron na Delegación da Xunta en Madrid a xornada "Internacionalización e Xestión da Diversidade", un evento no que se tratou de mostrar as diferentes canles que pode desenvolver unha empresa en materia de diversidade.

A reunión contou coa intervención da Coordinadora de Actividades da Casa, Ana Rodíguez Barrena, o presidente de AEGAMA Julio Lage; o presidente da Fundación para a Diversidade, Javier Benavente; o consultor e formador de empresas Pedro Yus Novella, e o director de proxectos de Development Systems, José Manuel Fuentes.

 Para Javier Benavente, "o importante é que a integración de diferenzas culturais se traduza en beneficios para a compañía como pode ser a competitividade, a rendibilidade e por suposto a produtividade dos seus empregados".

 No seu relatorio "Internacionalización da empresa: Recurso Humanos e Negociación cos Clientes", Yus declarou que lle chamaba a atención o tamaño das empresas que están a saír fóra e os destinos. "Na súa maioría son PEME e micropymes polo que non importa tanto o tamaño coma a boa xestión".

 Pola súa banda, Fuentes dixo que entre as razóns polas que as empresas españolas non saen ao exterior é porque "a maioría do noso tecido empresarial está composto por PEME, onde a cultura común, o arraigamento e a dificultade para xestionar a diversidade son tamén decisivas á hora de afrontar estas operacións. Non obstante, a Globalización e a actual crise están a levar moitas empresas a analizar a súa proxección no mercado exterior e proba diso é que as oportunidades de internacionalización son cada vez maiores".

Para a Fundación para a Diversidade, "estas xornadas son o principio dunha nova fórmula en xestión da diversidade á que non podemos ignorar. A globalización e a actual crise económica obríganos a reformularnos se estamos no lugar adecuado, polo tanto, é imprescindible que nos organicemos e vexamos cómo e de qué maneira a diversidade cultural é un aliado e non o inimigo".

28 Marzo 2012
Notas de prensa
Imaxes