A Casa celebra o Día das Letras coa conferencia "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual" a cargo do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero

Notas de prensa
05/25/2015
05/25/2015
25/05/2015

A Casa celebra o Día das Letras coa conferencia "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual" a cargo do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid celebrou hoxe o Día das Letras coa conferencia "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual" que pronunciou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. O acto, que estivo presidido polo presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, contou coa asistencia da filla menor do homenaxeado, a psicóloga, pedagoga e fotógrafa Ángeles Filgueira Iglesias.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López foi o encargado da presentación e nas súas palabras citou a Montesquieu, “namorado da amizade” aludindo tamén “o valor da gratitude” cantada por outros autores.

Angeles Filgueira quixo agradecer, en nome da familia, todas as homenaxes tributadas ao seu pai, recordando tamén a figura da súa nai María Teresa Iglesias, "grazas á súa esposa, o meu pai chegou onde chegou e cando ela se foi, apagóuselle a luz e tamén se deixou ir".

Pola súa parte, Xesús Alonso Montero, filólogo e historiador de literatura galega, definiu a Filgueira como "o último polígrafo galego. Versado en non poucos saberes humanísticos", e destacou "a súa inxente e polifacética biografía os seus estudos literarios (Camões, Cervantes, Góngora, Paul Claudel...) e, dentro deles, os seus traballos sobre a lírica medieval galega". Era un sabio en moitos saberes: en arqueoloxía, historia das artes, folclore... e logo tiña dúas grandes especialidades: Compostela e Pontevedra. "Despois da morte de Outeiro Pedrayo, Filgueira é o último polígrafo galego".

Alonso Montero resaltou ademais que Filgueira leu en 1935 a súa tese doutoral sobre a Cantiga CIII de Alfonso X El Sabio, que "constitúe unha monografía exemplar na súa época dentro dos estudos literarios da literatura comparada". Entre os seus méritos están tamén o que foi "o principal fundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), na súa biografía política antes do 36, está o período 1931-1935, en que foi figura moi importante dentro do Partido Galeguista, galeguismo espiritual e cultural que presidirá boa parte da súa biografía e da súa bibliografía despois de 1936".

Como resumen dixo que "o conxunto da súa obra, sen dúbida, constitúe un capítulo fundamental da cultura galega do século XX".

Xosé Fernando Filgueira Valverde, homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906, e faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.

Currículo: Estudiou o Bacharelato en Pontevedra e obtivo en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballou como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixiu a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colaborou en diversos medios de comunicación e en 1932 foi nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 foi membro da Real Academia Galega e en 1953 foi nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 foi alcalde de Pontevedra e recibiu numerorsos premios e condecoracións.

Obras realizadas:Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...

25 Maio 2015
Notas de prensa