A Casa de Galicia acolle a presentación do libro "O Camiño debuxado", de Arturo Franco Taboada

Notas de prensa
04/04/2025
04/04/2025
04/04/2025

A Casa de Galicia acolle a presentación do libro "O Camiño debuxado", de Arturo Franco Taboada

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da última obra de Arturo Franco Taboada, O Camiño debuxado, un diario de viaxe no que se combinan ilustracións e unha contextualización histórica das rutas, lugares, edificios e da cultura gastronómica. O libro está organizado de xeito temático segundo os distintos itinerarios do Camiño de Santiago que o autor percorreu ao longo dos anos. Nas súas últimas páxinas, o libro inclúe tamén unha selección de receitas tradicionais e un breve diccionario de cociña do Camiño en Galicia.

O director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, que presidiu o acto, salientou o traballo do autor e puxo en valor a riqueza que supón este tipo de publicación, que aparte de estar traducida ao galego conta tamén con unha versión en alemán. Ramos fixo tamén referencia a que grazas a esta guía o peregrino poderá descubrir non só o Camiño de Santiago, senón que tamén a riqueza gastronómica de Galicia.

Na presentación participaron tamén Lourdes Batán, subdirectora xeral de Política Lingüística; Javier Gómez-Montero, editor e coordinador da obra; o traductor ao alemán, Florian Weber; e Arturo Franco-Taboada, autor da obra.

04 Abril 2025
Notas de prensa
Imaxes