A Casa de Galicia acolle a reunión do Comité Directivo da Acción Europea "Cost Water_2020"

Notas de prensa
04/29/2016
04/29/2016
29/04/2016

A Casa de Galicia acolle a reunión do Comité Directivo da Acción Europea "Cost Water_2020"

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a reunión do Comité de Dirección da Acción Europea "Cost Water_2020", unha rede de tratamento de auga. O Comité, órgano executivo da Acción, está composto por nove membros dirixidos polo coordinador da iniciativa, o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan M. Lema Rodicio, aos que deu a benvida ás instalacións da Casa o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da mesma, José Ramón Ónega López.

A Acción Europea "Cost Water_2020" reúne a científicos do ámbito do tratamento de augas residuais procedentes de 32 países que traballan no desenvolvemento tecnolóxico, a recuperación de recursos, a avaliación de impactos económicos e ambientais e de modelado e control de procesos.

29 Abril 2016
Notas de prensa
Imaxes