A Casa de Galicia acolle as XXVII Xornadas de Cultura Galega

Notas de prensa
06/06/2011
06/06/2011
06/06/2011

A Casa de Galicia acolle as XXVII Xornadas de Cultura Galega

-

A delegación da Xunta en Madrid cedeu a Sala A da Casa de Galicia para a celebración das XXVII Xornadas de Cultura Galega, que organiza o Grupo Cultural Galicia en Madrid, GRUGALMA. As xornadas realízanse os días 6 e 7 de xuño ás 20 horas baixo a temática xenérica: "O feito Xacobeo na Baixa Idade Media e nos nosos días".

Madrid, 6 de xuño de 2011. A delegación da Xunta en Madrid cedeu a Sala A da Casa de Galicia para a celebración das XXVII Xornadas de Cultura Galega, que organiza o Grupo Cultural Galicia en Madrid, GRUGALMA. As xornadas realízanse os días 6 e 7 de xuño ás 20 horas baixo a temática xenérica: "O feito Xacobeo na Baixa Idade Media e nos nosos días".

O primeiro día e baixo o título: "Presenza do Culto Xacobeo no Século XIII: en torno á Catedral", participaron o doutor en Filosofía e Letras e presidente de Grugalma o profesor Manuel Mourelle de Lema que tratou "A época de Alfonso IX de León e o culto xacobeo". Tamén interveu o catedrático de Historia Antiga da UCM e membro numerario da Real Academia da Historia, o profesor José Mª Blázquez Martínez, que falou sobre "O concepto de basílica no mundo clásico"; aínda que non puido facelo, por indisposición de última hora, o agostiño, teólogo e doutor en Dereito Civil reverendo Fernando Campo del Pozo, con "Significación relixiosa e canónica do acto da consagración dunha basílica".

O día 7, á mesma hora se darán cita para a presentación do libro "ITER IACOBI. Novos estudos xacobeos", editado por Grugalma Ediciones, o profesor Mourelle de Lema e o reverendo Luis Vázquez Fernández, da Orde da Merced e Académico Numerario da Real Academia de Doutores de España. Tampouco este día poderá facelo, malia o previsto, o reverendo P. Fernando Campo del Pozo.

Mourelle de Lema indicou que ambas as dúas xornadas "se enmarcan dentro da conmemoración dos 800 anos da consagración da Catedral de Santiago".
 

06 Xuño 2011
Notas de prensa
Imaxes