A Casa de Galicia acolleu a celebración da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid para conmemorar o XX aniversario da súa constitución
Máis dun centenar de socios de AEGAMA, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, acudiron á Casa de Galicia para conmemorar o XX aniversario da súa fundación. O acto, contou coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López e o presidente de AEGAMA, Francisco Cal Pardo, así como outras personalidades.
Madrid, 14 de decembro de 2010. Máis dun centenar de socios de AEGAMA, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, acudiron á Casa de Galicia para conmemorar o XX aniversario da súa fundación. O acto, contou coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López e o presidente de AEGAMA, Francisco Cal Pardo, así como outras personalidades.
O evento incluíu un concerto de piano dedicado a Albéniz "un músico que realizou as súas mellores obras dende a nostalxia da emigración, un sentimento que os galegos coñecemos ben e definimos cunha palabra que xa utilizan tamén os non galegos, morriña", dixo Silvia Catoira, socia e encargada da presentación.
O recital de piano correu a cargo de Javier Cembellín, coa colaboración de Roberto Vozmediano que interveu co caixón flamenco nalgunha das obras -O Albaicín, Sevillla e El Puerto- facendo así unha fusión pouco usual: caixón flamenco e a música para piano de Albéniz.
No receso, tiveron lugar as intervencións con especial capítulo aos agradecementos polo traballo realizado, "traballo grazas ao cal se augura larga vida para Aegama"; ademais da entrega de premios e trofeos para os galardoados.
Tras a segunda parte do concerto, este concluíu co sempre emotivo Himno Galego, interpretado nesta ocasión cun arranxo especial para catro mans e caixón flamenco, e que todos os socios escoitaron postos de pé, con atención, respecto, e emoción en non poucos casos.
Coincidindo con esta efeméride, celebraron tamén o encontro anual con motivo das Festas Do Nadal.