A Casa de Galicia acolleu a conferencia "Perspectivas para os mercados de EE UU, Europa, España e Emerxentes"
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia "Perspectivas para os mercados de EE. UU., Europa, España e Emerxentes", promovida pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) en colaboración con Santander Private Banking, na que se dió unha visión do ámbito económico actual e fíxose unha análise dos mercados de EE UU, Europa, España e dos países emerxentes e as pespectivas económicas para 2014.
Participaron na conferencia Pedro Mas, conselleiro delegado do Santander Private Banking Gestión; Luis Martín, director de vendas de BlackRock Iberia; Mariano Arenillas, director de DWS Investments España; e Julio Lage, presidente de Aegama, que presentou aos relatores.
No acto fíxose unha presentación de Banca Privada (Santander Private Banking) e abordouse a situación do Santander e a súa posición actual fronte ao crédito. Á hora de atender necesidades crediticias de cada empresa, estes temas trátanse de xeito particular xa que cada empresa ten unhas necesidades e condicións distintas ao resto.
O evento finalizou cunha charla de mercados e perspectivas económicas coa colaboración doutras xestoras (DWS Investments e BlackRock Iberia).