A Casa de Galicia acolleu o seminario internacional "Integración laboral de colectivos vulnerables: inmigrantes"

Notas de prensa
10/13/2011
10/13/2011
13/10/2011

A Casa de Galicia acolleu o seminario internacional "Integración laboral de colectivos vulnerables: inmigrantes"

-

A Casa de Galicia en Madrid acolle hoxe xoves 13 e mañá venres 14 de outubro o seminario "Integración Laboral de Colectivos Vulnerables: Inmigrantes", organizado por H+D para o Desenvolvemento, en colaboración con IPCM e financiado pola Comisión Europea e EZA.

Madrid, 13 de outubro de 2011. A Casa de Galicia en Madrid acolle hoxe xoves 13 e mañá venres 14 de outubro o seminario "Integración Laboral de Colectivos Vulnerables: Inmigrantes", organizado por H+D para o Desenvolvemento, en colaboración con IPCM e financiado pola Comisión Europea e EZA.

"A emigración é o problema crucial no mundo de hoxe e afecta á humanidade enteira, tanto aos países en vías de desenvolvemento coma aos desenvolvidos," dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, na súa intervención na apertura das xornadas. Na mesa da sesión de apertura encontrábanse tamén o presidente do Padroado de H+D, Rafael Rodríguez-Ponga e o copresidente do Centro Europeo para os Asuntos dos Traballadores (EZA).

O encontro responde ao programa anual de formación de H+D no marco do diálogo social europeo. O seminario reune 40 participantes de media ducia de nacionalidades europeas (Alemaña, Francia, Italia, Polonia, Romanía, Portugal e España) para debater sobre a realidade laboral dos inmigrantes en Europa.

Esta actividade está organizada por H+D para o Desenvolvemento, en colaboración con IPCM (International Platform for Cooperation and Migration), a Casa de Galicia, e conta co financiamento da Comisión Europea e EZA (Centro europeo para os asuntos dos traballadores).

A Plataforma Internacional agrupa a 21 Ong de países de Europa e Iberoamérica que unen os seus esforzos con dous obxectivos principais: el primeiro é promover proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento entre organizacións sociais en Europa, África, Asia e América Latina; e o segundo é o estudo e análise dos procesos migratorios dende unha dimensión de solidariedade europea.

O obxectivo destas xornadas é o intercambio de experiencias en canto a un problema único, así como o enfoque das posibles solucións ás diferentes cuestións que se formulan.

13 Outubro 2011
Notas de prensa
Imaxes