08/10/2025
A Casa de Galicia comparte os 75 anos da Editorial Galaxia
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o relatorio Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial.
Ramos destacou a relevancia de Editorial Galaxia e subliñou que “a cultura e as letras galegas non serían o mesmo sen a Editorial Galaxia”. O encontro, serviu para poñer en valor o legado dunha das institucións máis emblemáticas que naceu hai xa 75 anos, despois do pasamento doutro referente galego, Castelao.
08 Outubro 2025
Notas de prensa