A casa de galicia en madrid acolle a mostra de pintura "gaiteiros" do arquitecto pontevedrés Ernesto J. Muntaner

Notas de prensa
02/01/2011
02/01/2011
01/02/2011

A casa de galicia en madrid acolle a mostra de pintura "gaiteiros" do arquitecto pontevedrés Ernesto J. Muntaner

Ao acto, presidido por Mariano Rajoy, Ana Pastor e José Ramón Ónega, asistiron preto de duascentas persoas, moitas das cales se desprazaron dende Pontevedra para o acto

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu a inauguración da mostra de pintura do arquitecto e artista de Pontevedra Ernesto J. Muntaner, que baixo o título "Gaiteiros" ofrece ata o 25 deste mes un total de 37 obras de diferentes formatos. Ao acto, presidido por Mariano Rajoy, Ana Pastor e José Ramón Ónega asistiron preto de dous centenares de persoas, moitas das cales acudiron dende Pontevedra para asistir ex profeso á inauguración.

Madrid, 1 de febreiro de 2011. A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu a inauguración da mostra de pintura do arquitecto e artista de Pontevedra Ernesto J. Muntaner, que baixo o título "Gaiteiros" ofrece ata o 25 deste mes un total de 37 obras de diferentes formatos. Ao acto, presidido por Mariano Rajoy, Ana Pastor e José Ramón Ónega asistiron preto de dous centenares de persoas, moitas das cales acudiron dende Pontevedra para asistir ex profeso á inauguración.

Na presentación, o delegado da Xunta en Madrid e anfitrión do acto, José Ramón Ónega resaltou, como nas obras de Muntaner "non só se aprecian traxes e vestidos, tamén música, historia cor e vida; e detrás das imaxes, adiviñamos a música, o son da gaita, a festa e todo o ambiente, nos fondos coloristas que o artista introduce nos cadros, vermellos, verdes, cobalto, ocres... ".

Pola súa banda, Rajoy iniciou a súa intervención aludindo ao pracer e á honra que supón ver tantos e bos amigos xuntos e que iso resulta reconfortante. Moita xente de Pontevedra e inmediacións e é algo que non teño a oportunidade de gozalo todos os días e por iso destácoo". En relación á Casa, sinalou que "tamén é un pracer e unha honra estar na Casa de Galicia, unha vez máis, que é a Casa de todos os galegos e tamén dos que non o son, porque aquí se recibe ben a todo o mundo. A Casa de Galica, que foi testemuña de moitas e moi importantes cousas ao longo da súa historia, gaña, e gaña moito coa exposición que hoxe inauguramos. O artista, Ernesto Muntaner é de Pontevedra e serao toda a súa vida porque vive Galicia e vive Pontevedra, a súa cidade e séntea, e a ama profundamente porque se non, non tería sido capaz de presentarnos o que hoxe nos presenta". E continuou dicindo, "é ademais o meu amigo, sorte que un ten, e ademais, estou moi orgulloso de que así sexa". Rajoy explicou que Muntaner deixou Pontevedra con 10 anos, para vivir en Madrid, pero "iso é igual porque está en Pontevedra nas festas, nas vacacións, o día da Peregrina e en todos os acontecementos que alí teñen lugar, que son moitos e moi recomendables e a todos llos recomendo especialmente aos que non son de Pontevedra". Rajoy sinalou que para Muntaner "a súa patria é a súa infancia e non lle falta razón porque isto é xeneral; e que sempre lle fascinaron os gaiteiros, as gaitas, os bombos, os foguetes, as romaxes, e como el diría, que non eu, as caralladas... O que temos aquí é o resultado da revitalización dos recordos de neno". Noutro momento das súas palabras, Rajoy dixo: "Muntaner debuxa o que lle gusta, pero non para que lle guste aos demais, aínda que tamén, faino para emocionar, e conségueo. Ao meu gústame e emocióname".

Para Muntaner, "falar en público non é o meu", pero non quixo deixar pasar a oportunidade para cumprir a parte de agradecementos, na que citou á Casa e ao seu director, Ónega; á súa familia, os seus amigos e cantas persoas acudiron á inauguración, "algunhas desprazándose moitos quilómetros", dixo. "Agora desexo que lles guste a miña obra e que a gocen".

O colofón foi unha sorpresa para todos e púxoo o gaiteiro Sergio Ríos, da Xuntanza de Galegos en Alcobendas, que interpretou dúas pezas e inundou a Casa coas notas da gaita, o que provocou non poucas emocións.

01 Febreiro 2011
Notas de prensa
Imaxes