A Casa de Galicia en Madrid acolle na segunda metade de novembro as probas Celga

Notas de prensa
09/12/2025
09/12/2025
12/09/2025

A Casa de Galicia en Madrid acolle na segunda metade de novembro as probas Celga

-A Secretaría Xeral da Lingua convoca estes exames para obter o certificado de Lingua Galega

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, no Portal da Lingua Galega, e na páxina web da Casa de Galicia en Madrid.

As probas desta segunda convocatoria do ano realizaranse tamén en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 15 de setembro ao 3 de outubro.

12 Setembro 2025
Notas de prensa
Documentos
Imaxes