A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA ALDEALISTA, O “TINDER DOS POBOS GALEGOS”

Notas de prensa
12/16/2022
12/16/2022
16/12/2022

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLE A PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA ALDEALISTA, O “TINDER DOS POBOS GALEGOS”

Madrid, 16 de decembro de 2022.- Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, deu esta semana a benvida á plataforma Aldealista, con Juan Carlos Pérez á fronte, nacido en San Xoan de Río (Ourense).

O obxectivo da plataforma non é outro que poñer en poñer en valor e visibilizar os 209 concellos galegos de menos de 5.000 habitantes para deste xeito loitar contra a chamada España baleirada.

Coñecida como o 'Tinder' dos pobos galegos, esta nova e sorprendente  aplicación está xa dispoñible en Play Store e App Store.

O seu funcionamento é sinxelo e moi intuitivo. Unha vez entraches na aplicación, a app vai mostrando municipios semiabandonados de Galicia, e valos deslizando ata que un chámache a atención e, sobre todo, o que máis se axusta ás preferencias do teu perfil. É entón cando feixes ‘match’, e a aplicación móstrache toda a información do mesmo, o que ten para ofrecer e a mellor maneira de visitalo. 

O obxectivo da aplicación é conseguir que os pobos galegos "namoren" a todos aqueles que están a buscar un lugar para coñecer, para visitar e porqué non, para vivir.

O seu creador entregou aos alcaldes e representantes das deputacións presentes un código QR pegado nunha baldosa, que ao escanearlo aparece onde se pode comprar, comer ou durmir no concello: "Queremos dixitalizar e axudar á Galicia rural, onde necesitamos ordenar o que hai na nube e responder o propósito do que é Aldealista", explicou na presentación o emprendedor Juan Carlos Pérez.
 

16 Decembro 2022
Notas de prensa
Imaxes