A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de 'Lingoreta e Lingoreto', o primeiro libro da logopeda Diana Lameiro

Notas de prensa
10/17/2024
10/17/2024
17/10/2024

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de 'Lingoreta e Lingoreto', o primeiro libro da logopeda Diana Lameiro

Nesta primeira obra, a autora incide na 'importancia da correcta respiración nasal para evitar consecuencias na saúde dos máis pequenos'

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do primeiro conto da colección  'Lingoreta e Lingoreto', centrado na importancia da respiración. Esta é a primeira obra da logopeda galega Diana Lameiro, creadora dunha metodoloxía pioneira en logopedia e saúde mental baseada na súa propia experiencia. É, ademais, a primeira publicación da editorial Lingoreta, que desenvolveu tamén xogos pedagóxicos. 

Na presentación participou o xornalista e escritor Javier Sierra, premio Planeta 2017 por 'O lume invisible'. No coloquio coa autora, Sierra reflexionou sobre a importancia da respiración en todas as idades. 

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, deu a benvida aos participantes neste encontro na Sala Emilia Pardo Bazán e convidounos a 'visitar Galicia, unha comunidade que os recibirá sempre cos brazos abertos e disposta a ofrecer o mellor que ten, como facemos nesta Casa'. 

17 Outubro 2024
Notas de prensa
Imaxes