02/04/2024
A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU O PRIMEIRO RECITAL POÉTICO DENTRO DUN CICLO QUE DURARÁ ATA O MES DE DECEMBRO
A Casa de Galicia en Madrid acolleu, dentro dun ciclo que se celebrará os primeiros luns de cada mes até final de ano, o I recital poético "Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo" coordinado polo polifacético artista Antonino Rodríguez Nieto.
Neste primeiro recital poético participaron os poetas Carmen Branco e Claudio Rodríguez Fer.
Durante o acto interveu tamén, a pintora Beatriz López-Linares cunha creación en vivo; a soprano, María Rodríguez e o gaiteiro, Juan Luna, con senllas actuacións musicais.
02 Abril 2024
Notas de prensa