A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA NOVELA "LOS AMIGOS DEL DOCTOR MARTÍNEZ. EL LADO AMABLE DE LA GUERRA”, DE PATRICIA MARTÍNEZ DE VICENTE

Notas de prensa
11/27/2023
11/27/2023
27/11/2023

A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU A PRESENTACIÓN DA NOVELA "LOS AMIGOS DEL DOCTOR MARTÍNEZ. EL LADO AMABLE DE LA GUERRA”, DE PATRICIA MARTÍNEZ DE VICENTE

A escritora Patricia Martínez, presentou o seu libro "Los amigos del doctor Martínez. El lado amable de la guerra". Baseada no diario do doutor Eduardo Martínez Alonso de 1942, aparecido por sorpresa durante unha mudanza décadas despois, a súa filla Patricia, decide indagar máis a partir destas concisas anotacións privadas. 

Acompañaron á autora na presentación: María Concepción Ybarra, profesora titular de Historia Contemporánea da UNED e escritora; e Anxo Jiménez, director do editorial Grupo Éride. 

PATRICIA MARTÍNEZ DE VICENTE é licenciada en Estudos Latinoamericanos pola Universidade de Portsmouh especializándose en antropoloxía social. En anos sucesivos alternou a súa vida universitaria e laboral entre España, Reino Unido e México, sendo investigadora do Colexio de México entre 1997 e 2000. En 2003 salgue publicada a súa primeira obra literaria: Embassy e a Intelixencia de Mambrú, na que recrea o inicio das experiencias vividas polo seu pai co Servizo Secreto dentro das actividades humanitarias que levaron a cabo desde a Embaixada Británica en Madrid na II Guerra Mundial. Tema sobre o que escribiu outras novelas posteriores, artigos e impartido conferencias en varios países.

 

27 Novembro 2023
Notas de prensa
Imaxes