A CASA DE GALICIA EN MADRID ACOLLEU UNHA CONFERENCIA E CATA DE VIÑOS GALEGOS QUE POÑEN EN VALOR UN SECTOR EN ALZA
Madrid, 11 de outubro de 2022.- A Casa de Galicia en Madrid acolleu no dia de onte unha conferencia con cata incluída, para dar a coñecer e promocionar as calidades e calidade dos viños galegos en Madrid.
O día de onte foi a quenda de adega Emilio Vermello, que de man de Luís Paadín, director da Guía de Viños Destilados e Adegas de Galicia, presentou de modo “quirúrjico” ante un selecto grupo da prensa especializada e catadoras, catas verticais (“anadas”) das adegas máis emblemáticas de Galicia.
A actividade serviu como escaparate para poñer de manifesto a enorme diversidade dos viños galegos, que gozan de gran éxito e proxección internacional no que se refire a caldos novos, frescos e afrutados.
A intención do organizador é continuar con este tipo de divulgacións de gran interese en expertos e público en xeral.