A Casa de Galicia en Madrid presenta o libro "Cuentos Bífidos”
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro Cuentos Bífidos, do autor Miguel Salas, un volume que propón unha mirada dual e contemporánea á realidade a través do relato breve. No acto, Ramos destacou “unha Galicia que non só conserva as súas raíces, senón que tamén se reinventa e dialoga co mundo”. E engadiu que “estes contos invítannos a mirar dende dous ángulos, a abrirnos ao insólito e ao inesperado”, algo que cualificou de “profundamente galego: ese gusto pola ambigüidade e polo que se intúe máis do que se di”.
O director da representación institucional da Xunta en Madrid subliñou tamén que Galicia “é hoxe un destino cada vez máis valorado pola súa beleza, pola súa cultura e por esa calidade de vida que todos buscamos”, e invitou aos asistentes a descubrir “unha Galicia plural, hospitalaria e rica en matices, como tamén o é este libro que hoxe celebramos”.