A Casa de Galicia en Madrid presenta o libro “El último maqui”

Notas de prensa
09/23/2025
09/23/2025
23/09/2025

A Casa de Galicia en Madrid presenta o libro “El último maqui”

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El último maqui: vida y leyenda de Mario de Langullo, de Juan Carlos Alonso. Ramos resaltou o traballo do autor, que ademais da importante labor de documentación que levou a cabo, tamén “soubo ofrecer unha ollada honesta ao pasado” e narrar “unha época convulsa desde fóra das trincheiras ideolóxicas”.

Ramos explicou que “en El último maqui Juan Carlos Alonso describe moitas paisaxes galegas, narra moitos costumes galegos e inclúe moitas expresións na nosa lingua”, un libro “moi galego” que achega luz a un episodio escuro da historia.

23 Setembro 2025
Notas de prensa
Imaxes