A Casa de Galicia en Madrid remata 2014 con máis de 200 actividades e coa entrega de distincións a destacadas personalidades pola súa vinculación a Galicia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a Clausura das Actividades 2014" da Casa de Galicia xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría. Rueda destacou que a Casa de Galicia levou a cabo unha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais, institucionais referidos a Galicia. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, destacou a culminación dun ano cunha larga actividade e constante traballo.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, a clausura das actividades 2014, na que destacou que a Casa de Galicia en Madrid converteuse nun referente na actividade cultural da capital española.
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, destacou que este acto é a culminación dun ano dunha larga actividade e constante traballo no que sinalou que a Casa de Galicia levou a cabo máis de 200 actos e celebracións, cunha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais, institucionais e de relación humana referidos a Galicia.
Destacou tamén o intensa labor que realizan a Oficina de Turismo e a Aula de Galego, cunha alta demanda de ensino da nosa lingua, non só por parte de persoas oriundas de Galicia senón tamén doutras autonomías. Ónega incidiu en que a Casa de Galicia é o punto de encontro, espazo e lugar de traballo e reunión dos directivos e membros das asociacións profesionais e culturais galegas en Madrid, como AEGAMA (Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid); ASOMEGA (Asociación de Médicos Gallegos en Madrid); IURISGAMA (Asociación de Juristas Gallegos en Madrid); Club de Periodistas Gallegos, Orden da Vieira, e FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid).
Así mesmo, tamén se procedeu á entrega de distincións a destacadas personalidades dos ámbitos cultural, económico e social, tanto pola súa traxectoria profesional como polo seu afecto a Galicia e á súa Casa en Madrid. Entre outros, foron distinguidos a ex-secretaria de Estado, Carmen Becerril; a ex-presidenta do Tribunal Constitucional de España, Emilia Casas; o embaixador de Portugal en España, Francisco Ribeiro de Menezes, e a delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid, Cristina Cifuentes, entre outros.
Listado completo das distincións
- Carmen Becerril Martínez. Ex Secretaria de Estado de Enerxía.
- Leopoldo Calvo Sotelo Ibáñez-Martín. Marqués da Ría de Ribadeo. Ex subsecretario do Ministerio do Interior. Letrado Maior do Consello de Estado.
- Luz Casal Paz. Cantante de pop-rock
- María Emilia Casas Bahamonde. Ex presidenta do Tribunal Constitucional de España.
- Javier María Casas Estévez. Maxistrado. Ex presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.
- Cristina Cifuentes Cuencas. Delegada do Goberno na Comunidade Autónoma de Madrid.
- Francisco Ribeiro de Menezes. Embaixador de Portugal en España.
- Juan Carlos Estévez Fernández-Novoa. Presidente do Consello Xeral de Procuradores dos Tribunais.
- Manuel José Guiote Linares. Xeral de Brigada de Sanidade do Exército.
- María Lage Prieto. Vicepresidenta do Centro Galego de Madrid.
- Manuel Medina González. Avogado.
- Ramón Tamames Gómez. Economista do Estado. Catedrático de Estrutura Económica. Premio Nacional de Economía.