A Casa de Galicia en Madrid, testemuña do irmandamento entre os concellos do Camiño Francés e o Camiño de Santiago en Gran Canaria

Notas de prensa
11/13/2025
11/13/2025
13/11/2025

A Casa de Galicia en Madrid, testemuña do irmandamento entre os concellos do Camiño Francés e o Camiño de Santiago en Gran Canaria

O acto puxo en valor o papel dos Camiños de Santiago como símbolo de identidade, encontro e cooperación entre territorios

A Casa de Galicia en Madrid acolleu o acto de irmandamento e posta en valor da Mancomunidade de concellos do Camiño Francés e do Camiño de Santiago en Gran Canaria, unha iniciativa que reforza os lazos culturais e simbólicos entre Galicia e as Illas Canarias arredor da tradición xacobea.

O encontro estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación da delegada do Goberno de Canarias en Madrid, Rosa Aguilar, do conselleiro de Deportes do Cabildo de Gran Canaria, Aridany Romero, e da presidenta da Mancomunidade de concellos galegos do Camiño Francés, Begoña Balado, entre outras autoridades.

Durante a súa intervención, Ramos salientou que “os Camiños de Santiago forman parte da nosa cultura e da nosa identidade; son grandes embaixadores da nosa marca e un símbolo do que Galicia representa no mundo”. O director tamén subliñou que “é unha honra para esta Casa acoller un acto que une dúas terras irmás a través dun mesmo espírito de peregrinación, solidariedade e encontro”.

Este acto de irmandamento pretende fortalecer a cooperación entre as dúas rutas xacobeas e fomentar a súa promoción conxunta como itinerarios de diálogo cultural, espiritual e turístico, tanto en Galicia como a nivel nacional.

13 Novembro 2025
Notas de prensa
Imaxes