06/08/2024
A Casa de Galicia estrea perfil na rede social Instagram
A representación da Xunta en Madrid amplía as canles de información das súas actividades
A Casa de Galicia en Madrid acaba de estrear o seu perfil na rede social Instagram, ampliando así as canles de difusión das súas actividades. A través de @casadegaliciaenmadrid, os usuarios poderán coñecer as nosa programación dunha forma rápida e directa. Ademais, a Casa de Galicia prepara unha canle pública en Telegram que estará dispoñible nas próximas semanas.
06 Agosto 2024
Notas de prensa