A Casa de Galicia pon en valor a raza porcina Celta

Notas de prensa
03/18/2025
03/18/2025
18/03/2025

A Casa de Galicia pon en valor a raza porcina Celta

A Casa de Galicia en Madrid foi o escenario do evento gastronómico "Porco Celta: unha raza, infinitas elaboracións", organizado pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL).

O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, que fixo referencia á importancia de manter e potenciar esta raza autóctona, destacando que "o Porco Celta é un exemplo claro da calidade e autenticidade que caracteriza os nosos produtos, un patrimonio que debemos protexer e fomentar".

A carne do Porco Celta, ademáis da distinción "Raza autóctona 100%", está amparada polo selo "Galicia Calidade", que certifica o orixe galego do produto e a súa calidade. A súa produción está vinculada a prácticas tradicionais que respectan os ciclos naturais, favorecendo a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico das zonas onde se cría.

Neste evento, os asistentes puideron degustar receitas elaboradas a partir desta carne, amosando a ampla versatilidade do produto, que se adapta a múltiples preparacións. Como mostra, tres cociñeiros elaboraron desde un tataki de solombo, ata un puri de tartar de salchichón de Porco Celta, pasando por un lingote con mazá en texturas. Así, ata nove propostas diferentes, todas elaboradas con distintas pezas de Porco Celta.

18 Marzo 2025
Notas de prensa