A Casa de Galicia reforza o seu compromiso co rural galego coa presentación de Aldealista

Notas de prensa
10/16/2025
10/16/2025
16/10/2025

A Casa de Galicia reforza o seu compromiso co rural galego coa presentación de Aldealista

O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu hoxe o acto de presentación do proxecto Aldealista, unha iniciativa de emprendemento e apoio ao medio rural que opta ao Gran Premio da Impact Social Cup, tras resultar finalista na categoría de Desenvolvemento Económico e Redución de Desigualdades.

O responsable da representación institucional da Xunta en Madrid subliñou tamén que o desenvolvemento tecnolóxico e o emprendemento ligados á vida nas aldeas, á natureza e á alimentación saudable con produtos de quilómetro cero “tamén son Galicia Calidade” e incidiu en que “este proxecto apóiase na tecnoloxía para impulsar o rural galego”.
A presentación tivo lugar no marco da exposición Artesanía no Prato, que pode visitarse durante todo o mes de outubro na Casa de Galicia.

16 Outubro 2025
Notas de prensa
Imaxes