A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: Obras mestras da arte occidental"

Notas de prensa
01/18/2011
01/18/2011
18/01/2011

A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: Obras mestras da arte occidental"

Na sesión de hoxe o profesor de Arte e director de Cine, Diego Diz analizou os retratos femininos de Palma o Vello, Degas e Beckman

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a segunda clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida hoxe polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen analizou os retratos femininos de Palma o Vello, Degas e Beckman. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo o profesor Diz, autor anteriormente na Casa do ciclo "Tradición e Modernidade: O diálogo permanente".

Madrid, 18 de xaneiro de 2011. - A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a segunda clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida hoxe polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen analizou os retratos femininos de Palma o Vello, Degas e Beckman. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo o profesor Diz, autor anteriormente na Casa do ciclo "Tradición e Modernidade: O diálogo permanente".

En palabras do coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, foi o seu orixinal e didáctico xeito de ensinarnos a linguaxe pictórica, de fomentar en nós o espírito crítico, de ampliar os nosos horizontes intelectuais e o coñecemento das raíces culturais da nosa tradición, foi todo isto, digo, o que nos moveu ten querer seguir formando a nosa sensibilidade pictórica con el no segundo Ciclo, no que tamén esperamos aprender moito,".

Este segundo Ciclo consta de sete clases-conferencias en total, que Diz ofrecerá nos próximos meses, cunha periodicidade aproximada dunha ao mes. Nelas estudaranse grandes obras mestras da pintura occidental con temas como as "paisaxes", "A cidade", "O mar", "Parellas" e de "Homes e animais", realizados por renomeados artistas.

Diego Diz é licenciado en Xeografía e Historia, con especialidade en arte, pola Universidade Complutense de Madrid, e que a partir de aí realizou distintos cursos en España e no estranxeiro de Historia da Arte e do Cine, así como un máster de Historia da Arte na Universidade de Londres. Tamén foi e é profesor de Historia da Arte en distintos centros, asociacións e fundacións, o que lle outorga unha experiencia profesional indiscutible na arte, tamén, da comunicación dos coñecementos da súa especialidade. Así mesmo, no campo do cine, creou a produtora Diego Diz Rodríguez. Entre outras realizacións, figuran numerosas pezas de video para o Centro de Estudos Garrigues e o Centro de Arte Gradiva, así como dirección, montaxe e produción da longametraxe "O tránsito".

18 Xaneiro 2011
Notas de prensa
Imaxes