A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental"
A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a terceira clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida polo profesor de Arte e director de cine Diego Diz quen falou sobre "Parellas" de Van Eyck e Piero della Francesca. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo Diz, ao que seguiu "os retratos femininos", de Palma o Vello, Degas e Beckman o 18 de xaneiro.
Madrid, 22 de febreiro de 2011. - A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a terceira clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida polo profesor de Arte e director de cine Diego Diz quen falou sobre "Parellas" de Van Eyck e Piero della Francesca. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo Diz, ao que seguiu "os retratos femininos", de Palma o Vello, Degas e Beckman o 18 de xaneiro.
O coordinador de actividades Culturales da Casa e presentador do relator, Ramón Jiménez, comentou ás persoas que asistiron ao acto: "o noso invitado estudará hoxe connosco, coa finura de análise que lle caracteriza, obras do pintor flamenco Van Eyck, o fundador con Robert Campin de la Ars Nova ou arte nova, estilo pictórico do gótico tardío no século XV, que anuncia o Renacemento no Norte de Europa; así como obras do pintor italiano do temperán Renacemento Piero della Francesca, o máis importante do período central do Quattrocento,". Como en ocasións anteriores, Jiménez destacou "o orixinal e didáctico xeito de ensinarnos a linguaxe pictórica, que fomenta en nós o espírito crítico e amplía os nosos horizontes intelectuais e o coñecemento das raíces culturais da nosa tradición".
Este segundo Ciclo consta de sete clases-conferencias en total, que Diz ofrecerá nos próximos meses, cunha periodicidade aproximada dunha ao mes. Nelas estudaranse grandes obras mestras da pintura occidental con temas como as "paisaxes", "A cidade", "O mar", "Parellas" e de "Homes e animais", realizados por renomeados artistas.
Diego Diz é licenciado en Xeografía e Historia, con especialidade en arte, pola Universidade Complutense de Madrid, e que a partir de aí realizou distintos cursos en España e no estranxeiro de Historia da Arte e do Cine, así como un máster de Historia da Arte na Universidade de Londres. Tamén foi e é profesor de Historia da Arte en distintos centros, asociacións e fundacións, o que lle outorga unha experiencia profesional indiscutible na arte, tamén, da comunicación dos coñecementos da súa especialidade. Así mesmo, no campo do cine, creou a produtora Diego Diz Rodríguez. Entre outras realizacións, figuran numerosas pezas de video para o Centro de Estudos Garrigues e o Centro de Arte Gradiva, así como dirección, montaxe e produción da longametraxe "O tránsito".