A centenaria pianista galega Carmen Díez visita as instalacións da Casa de Galicia en Madrid
A insigne e centenaria pianista galega e catedrática de piano polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Carmen Díez Martín visitou hoxe a Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia, onde foi recibida polo delegado, José Ramón Ónega, quen a homenaxeou entregándolle un Diploma de recoñecemento da Casa de Galicia.
Madrid, 19 de novembro de 2013. - A insigne e centenaria pianista galega e catedrática de piano polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Carmen Díez Martín visitou hoxe a Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia, onde foi recibida polo delegado, José Ramón Ónega, quen a homenaxeou entregándolle un Diploma de recoñecemento da Casa de Galicia.
Carmen Díez, natural da Coruña, de 101 anos, acudiu acompañada da súa filla Lourdes e dunha das súas netas, Esther, e fixo gala dunha extraordinaria condición física -subiu a pé as escaleiras, rexeitando a cadeira elevadora- e mental, ademais dun gran sentido do humor e interese por canto a rodeaba. Visitou as instalacións da Casa, asinou no Libro de Ouro, admirou as súas exposicións e lamentou tan só que non houbese un piano no que poder mostrar a súa mestría, pois Díez continúa tocando o piano a diario en perfectas condicións, como acreditou unha gravación recente mostrada pola súa filla.
Carmen Díez dió o seu primeiro concerto de piano aos seis anos e ao longo da súa dilatada traxectoria profesional foi mestra de mestres músicos. Viúva de músico, ten dous fillos, cinco netos e sete bisnetos.