Cerca de un centenar de persoas acuderon a Casa para disfrutar da lectura dramatizada de "O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca", de Álvaro Cunqueiro

Notas de prensa
01/24/2012
01/24/2012
24/01/2012

Cerca de un centenar de persoas acuderon a Casa para disfrutar da lectura dramatizada de "O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca", de Álvaro Cunqueiro

-

Preto dun centenar de persoas acudiron á Casa deGalicia en Madrid para gozar de "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET. PRÍNCIPE DE DINAMARCA", escrita por un dos máis célebres autores galegos, Álvaro Cunqueiro, que tomou o mito de Hamlet e o reinterpretou fundindo o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. Foi nunha lectura dramatizada, en galego, fiel ao texto do autor, dirixida por Mercedes Castro e na que participaron Antón Belmonte, Uxía Gonzálvez, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber ponte e María Vázquez.

  • Dirixida por Mercedes Castro participaron Antón Belmonte, Uxía Gonzálvez, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber ponte e María Vázquez.

 

  • Cunqueiro toma o mito de Hamlet e reinterprétao xuntando o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual.

 Na presentación do acto, ante a Sala chea, o coordinador cultural da Casa, Ramón Jiménez Pérez recordou que, "a lectura será en galego, pero non no galego normativo en que estou a falar senón no do texto da edición da editorial Galaxia de mil novecentos setenta e catro, feito en vida do autor, que recolle as variedades dialectais de Mondoñedo, que afecta sobre todo ás formas verbais. Hai que ter en conta, ademais, que o galego de Cunqueiro é un galego de alta gama, cheo de cultismos, formas arcaizantes e invencións literarias de enorme beleza pero tamén de gran complexidade.”

 Tamén sinalou Jiménez que, "con esta lectura pretendese mostrar o presente do teatro galego de texto, para o que se elixiu o de Álvaro Cunqueiro "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET", servindo así de homenaxe a un dos nosos mellores dramaturgos, poetas e prosistas que dá nome precisamente aos premios "Alvaro Cunqueiro para textos teatrais" e do que celebramos o pasado ano o centenario do seu nacemento. Pois ben, a selección deste texto debémola á actriz Mercedes Castro, quen seleccionou tamén aos actores e actrices que esta noite participan na lectura baixo a súa dirección. Os seus nomes son: Antón Belmonte, Uxía Gonzalvo, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber ponte e María Vázquez, ademais da propia Mercedes Castro.”

24 Xaneiro 2012
Notas de prensa