07/03/2025
Convocadas as probas para a obtención dos certificados Celga na Casa de Galicia en Madrid
A Casa de Galicia en Madrid volverá acoller as probas para a obtención dos certificados de lingua galega. Desde o próximo 10 de marzo e ata o día 28 estará aberta a inscrición destes exames.
Todas as persoas que queiran inscribirse nas probas deberán cubrir o formulario de solicitude e abonar as taxas correspondentes. As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida e as datas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e nesta páxina web.
Poderán atopar toda a información necesaria no Portal da Lingua Galega ou chamando ao 91 595 42 28.
07 Marzo 2025
Notas de prensa