Curso intensivo na Casa de Galicia para a preparación das probas Celga

Notas de prensa
02/07/2025
02/07/2025
07/02/2025

Curso intensivo na Casa de Galicia para a preparación das probas Celga

O Diario Oficial de Galicia publica este venres as bases da convocatoria

A Casa de Galicia en Madrid acolle a convocatoria dos cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga) do nivel 2.

As persoas interesadas poderán apuntarse a través do portal da Lingua Galega (desde o 10 ao 28 de febreiro). Os cursos son totalmente gratuítos e poden acceder a eles todas as persoas maiores de dezaseis anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.

Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 35. No caso de ter máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro. 

Para máis información poden poñerse en contacto coa Casa de Galicia a través do 91 595 42 28 ou no  91 595 42 00.

07 Febreiro 2025
Notas de prensa
Imaxes