A Delegación da Xunta en Madrid acolle as "Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias 2016"
A Casa de Galicia, Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolle hoxe e mañá as Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias (EFA), que teñen por obxectivo a preparación e formación dos próximos directivos dos 26 centros das Escolas. Nelas abórdanse entre outros contidos: sustentabilidade, comunicación, márketing, promoción, protección de menores, goberno dun centro educativo, comunidades de aprendizaxe e vinculación á institución.
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López, tras saudar aos máximos representantes, Gabriel Tirapu, (presidente de EFA Galicia); Javier Prado (presidente de UNEFA); Enrique Rodríguez (sec. gral. EFA Galicia) Mary Espiñeira (subdirectora EFA Piñeiral); Mª Antonia Mateos (directora EFA A Cancela) e Luís García (director EFA Fonteboa); dirixiu unhas palabras de benvida aos máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en seis comunidades autónomas, Galicia, Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana e Estremadura.
Os directivos das EFAS (Escolas Familiares Agrarias) de formación analizan e reflexionan sobre as súas competencias e habilidades de organización directiva.
Todas estas escolas están agrupadas en UNEFA (Unión de Escolas Familiares Agrarias) cuxo presidente é Javier Prado que preside as Xornadas.
Para conseguir estes obxectivos, as actividades inclúen conferencias con invitados, reunións de traballo e transmisión de experiencias.
Neste curso 2015/16 nas EFAS estudan preto de 5000 alumnos, en formación regrada e máis de 8.000 en ensinos non regrados. Cúrsase Educación Secundaria Obrigatoria e Graos Básico, Medio e superior de Formación Profesional. Impártense estudos de doce ramas profesionais distintas: Agrarias, Sanitarias, Mecánica de coches e Automación, Industrias alimentarias, Hostalería e Turismo, Informática, Administración Xestión.
En Galicia, existen tres EFAS, Fonteboa, Piñeiral e A Cancela, nas que estudan máis de 300 alumnos. Impártese ESO e estudos Agrarios, Sanitarios, Administrativos e Industrias Alimentarias.
As EFAS están a piques de cumprir os primeiros 50 anos de existencia, axudando ao desenvolvemento do medio rural. En Galicia, son xa máis de dous mil antigos alumnos que desde as súas explotacións agrarias, pequenas ou medianas empresas, nos seus traballos e iniciativas, axudan ao desenvolvemento e promoción da comunidade autónoma.
En Toda España, colaboran cun total de 3.600 empresas, en moitas das cales agora mesmo, neste curso, alumnos das EFAS están a realizar practicas profesionais.
Para ampliar información sobre estas xornadas info@efagalicia.org
Ou en www.efagalicia.org; www.unefa.org