A Delegación da Xunta en Madrid acolleu hoxe a conferencia "O Apóstolo e os seus peregrinos" a cargo do profesor Manuel Castiñeiras
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolle esta semana a XV edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos" organizada en colaboración coa Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid que preside José Antonio Ortiz Baeza. O presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid José Ramón Ónega López presidiron a conferencia inaugural, que baixo o título "O Apóstolo e os seus peregrinos: nas oríxes da creación duha imaxe", pronunciou o Dr. e profesor coruñés de Arte da Universidade Autónoma de Barcelona, Manuel Castiñeiras González.
No acto interviñeron: o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente da Asociación de Amigos de los Camiños de Santiago de Madrid José Antonio Ortiz Baeza; e o propio ponente Manuel Castiñeiras González quen o fixo acompañando as súas palabras coa proxección de máis dun centenar de ilustrativas imaxes.
Ónega, tras as palabras de benvida, sinalou que "o Camiño de Santiago é un milagre, que nace do corazón. Os Camiños de Santiago, porque hai moitos, son un milagre que nacen do corazón, e instálanse na alma".
José Antonio Ortiz destacou do conferenciante os aspectos máis relevantes da súa traxectoria profesional. Castiñeiras é profesor de Arte Medieval na Universidade Autónoma de Barcelona, donde actualmente é director do Departamento de Arte e Musicoloxia. Foi profesor titular na Universidade de Santiago (1997-2005), e profesor invitado en Xapón e EEUU. É tamén membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, o relator explicou e respondeu a cuestións sobre a orixe da iconografía de Santiago e os seus peregrinos, e o paso dunha representación individual e solitaria de Santiago a uhna representación coral del cos seus peregrinos. "Esta transformación só se explica a partir do tremendo auxe e desenvolvemento que experimentou a peregrinación a Compostela entre os séculos XI e XIII", dixo Castiñeiras. "En apenas dous séculos a iconografía xacobea experimentou profundos cambios, de maneira que o santo, nun principio representado como mero apóstolo de Cristo, pasou a converterse en Peregrino, Bispo, Cabaleiro ou incluso a súa imaxe identificouse coa da estatua que adornaba o Altar Maior da Catedral de Compostela desde 1211".
O seminario conta con tres conferencias máis:
Mañá martes, día 24,"O CAMIÑO DE SANTIAGO DESDE A CARTOGRAFÍA INSTITUCIONAL ESPAÑOLA", polo xefe da Área de Cartografía Temática e Atlas Nacional do Instituto Xeográfico Nacional Alfredo del Campo García.
O mércores, 25, "A INVESTIGACIÓN FORENSE EN PERSONAXES HISTÓRICOS: DE SAN JUAN DE ORTEGA A CERVANTES", a cargo de Francisco Etxeberría Gabilondo, Dr. en Medicina, profesor titular de Medicina Legal e Forense da Universidade do País Vasco.
E o xoves 26, co título "O CÓDICE CALIXTINO E ALGUNHAS CURIOSIDADES CAMIÑO DE SANTIAGO", por José Manuel Díaz de Bustamante, catedrático de Latín da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.