Dez artistas plásticos da Agaec mostran as súas obras na Casa de Galicia en Madrid ata o día 29
Dez artistas plásticos galegos pertencentes á Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) mostran as súas obras na exposición colectiva "Mesturas/Mezclas", de pintura e escultura, que pode verse dende hoxe e ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas.
Madrid, 6 de novembro de 2013. - Dez artistas plásticos galegos pertencentes á Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) mostran as súas obras na exposición colectiva "Mesturas/Mezclas", de pintura e escultura, que pode verse dende hoxe e ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas.
Na inauguración, que tivo lugar esta tarde, participaron seis dos autores das obras que compoñen a exposición, que son: o escultor ferrolano Alberto Sabino Miraz Pérez e os pintores Beatriz Barcia, tamén de Ferrol, Constantino Cuesta Ibáñez "Tino", de Baracaldo (Biscaia), Doroma, de San Adrián de Veiga-Ortigueira (A Coruña), Isabel Rodríguez Galán "Irgalán", da Coruña, Mariña Domínguez, de Vigo, Mary Carmen Calviño Iglesias, da Xesta, Lalín (Pontevedra), Ramón González-Alegre Burgueño, de Vigo, Rosa Díaz Beloso, de Vigo, e Victoria Rodríguez Solórzano, da Coruña.
Interviñeron en nome de todos eles un das pintoras que mostran as súas obras, Mary Carmen Calviño, e a secretaria da Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) e coordinadora da mostra, Josefa Mariño Rivas. En representación da Delegación da Xunta fíxoo o seu coordinador de actividades culturais, Ramón Jiménez, quen resaltou que "a proposta deste grupo de artistas correu a cargo, como noutras ocasións, de Josefa Mariño, secretaria de Agaec", que facilitou ao longo dos últimos anos a diversos colectivos galegos os trámites que lles permitiran acceder ás nosas salas de exposicións". "Ela mesma é artista e sabe do arduo que é o camiño dos creadores, dende que a obra sae das súas mans ata que pode verse nunha galería de arte", engadiu.
Mariño agradeceu ao delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e a Jiménez "a súa inestimable colaboración para facer efectiva esta mostra colectiva" e explicou que a Agaec é unha entidade sen ánimo de lucro "entre cuxos fins está o apoio a artistas emerxentes no seu dificultoso labor de conseguir espazos de difusión das súas creacións, axudándolles a transcender fronteiras para darse a coñecer fóra de Galicia". Outro obxectivo prioritario para a Agaec é "promover o intercambio de ideas, a integración entre comunidades e pobos, así como o enriquecemento persoal e colectivo inherente a toda actividade cultural e artística".
Calviño situou os asistentes na soidade taller do artista, ante un traballo sereno, e aseverou que sen tempo e sen dedicación non se pode crear. "Vivimos nunha sociedade na que prima a inmediatez. Isto non vai nin coa escultura nin coa pintura, a arte necesita repouso, formar pouso, para que a cor se asente, fúndase, forme pátina... y, sobre todo, que chegue ao contemplador de Arte. A obra artística ten que facer vibrar, aflorar sentimentos, emocionar a quen a contempla", valorou, mantendo que "unha paisaxe, unha mariña, un bodegón... sen a alma do pintor impregnándoa, é frío, nada di ,es verdadeira desolación e fracaso".
"Tanto a pintura coma a escultura teñen que posuír ademais de bo debuxo, dominio da forma e da cor; sensibilidade-alma; debe ser capaz de entaboar entre ela un o seu contemplador un diálogo íntimo", engadiu.
Outro dos pintores que forma parte da exposición, Constantino Cuesta Ibáñez, é o autor do prólogo do catálogo desta. Nel afirma que a mostra "Mesturas/Mezclas" recolle o mellor de cada un dos artistas que a compoñen, os camiños da súa imaxinación e da súa forma de saber facer. "Tratamos de representar algo que está por enriba da nosa realidade diaria, dos quefaceres diarios, das rutinas, da monotonía, de todo o regulado", di.
"A proxección do pensamento do artista, expresado nun lenzo, nunha escultura, ou en calquera manifestación plástica, a través desta mostra, pretende que as ventás do cerebro, os ollos, do artista e do observador conflúan, vexan o mesmo e logren que o binomino artista-obra faga unha metamorfose máxica e pase ao trinomio artista-obra-observador", expón.