A dieta atlántica, embaixadora de Galicia na presentación do libro "Ben Mantidos"
O director da Casa de Galicia en Madrid presidiu a presentación do libro Ben Mantidos, historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez. Luis E. Ramos destacou o valor da gastronomía como embaixadora de Galicia no mundo. Como anécdota, Ramos confesou que a Casa de Galicia recibe acotío chamadas de persoas que queren reservar mesa para xantar e que se interesan polo polbo ou a empanada.
O director da representación institucional da Xunta de Galicia en Madrid aproveitou a oportunidade que ofrece o calendario para destacar o bo momento para visitar Galicia polo San Xoán, degustar as sardiñas “que xa deben estar mollando o pan” e mergullarse nas tradicións propias desta data. Ramos convidou a todos “a visitar Galicia agora e os 365 días do ano, a gozar de paisaxes espectaculares e, por suposto dunha dieta atlántica que non ten igual.”