A doutora coruñesa Mª Ángeles Fernández inaugura o ciclo de conferencias "Seminario José Cimadevila Covelo de estudos xacobeos" falando sobre "Saúde e enfermidade no Camiñoo de Santiago"

Notas de prensa
11/21/2011
11/21/2011
21/11/2011

A doutora coruñesa Mª Ángeles Fernández inaugura o ciclo de conferencias "Seminario José Cimadevila Covelo de estudos xacobeos" falando sobre "Saúde e enfermidade no Camiñoo de Santiago"

No acto, presidido polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega interviñeron o presidente da Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid, José Antonio Ortiz e a hematóloga e presidenta da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nacida en Muros e que desenvolve a súa actividade médica en Valencia, María Ángeles Fernández. A doutora organiza dende 1996 unha viaxe a Santiago con enfermos crónicos de corazón e na Casa falou desta gratificante experiencia.

Na súa intervención, Ónega agradeceu á Asociación de Amigos do os Camiños de Santiago de Madrid "por elixirnos un ano máis para celebrar este Seminario nesta Casa; un Seminario que é moi importante, tanto polos temas que trata, coma polos profesionais que participan nel, e que se celebra os días 21, 22, 23 e 28 deste mes".

Pola súa banda, José Antonio Ortiz, encargado da presentación da relatora, tamén dió as grazas á Casa, pola "sempre amable e cálida hospitalidade. Hospitalidade galaica e xacobea, coa que somos recibidos en cada nova edición, dende o ano 2001 que puxemos en marcha o Seminario".

A doutora María Angeles Fernández Fernández, é de Muros, licenciada en Medicina e Cirurxía; especialista en Análises Clínicas; especialista en Hematoloxía e Hemoterapia; e ten trinta anos de experiencia no Control do Paciente Anticoagulado, como responsable da Unidade de Terapéutica Anticoagulante do Hospital Universitario "A Fe" de Valencia. Ademais é membro da International Society of Thrombosis and Haemostasis -ISTH- dende 1982; membro da Sociedade Española de Trombose e Hemostase -SETH- dende 1983; membro da Asociación Española de Hematoloxía e Hemoterapia -AEHH- dende 1987 e promotora, asesora científica e presidenta de Honra da Asociación Valenciana de Pacientes Anticoagulados -AVAC- dende 1989.

No seu relatorio na Casa falou da súa experiencia persoal con enfermos crónicos de corazón que fan o Camiño. É unha viaxe que ela mesma organiza dende hai máis de tres lustros. "Poden facer o mesmo que calquera persoa, pero teñen unhas determinadas características que é necesario ter en conta", dixo "son persoas moi encerradas na súa enfermidade, pendentes dos seus horarios e a súa medicación pero é unha forma de demostrarlles a eles mesmos que poden facer outras cousas e saír do seu ámbito. A ruta é é moi atractiva, o Camiño está de moda e iso anímaos". O feito de ir cunha doutora, que coñecen dende hai moitos anos e sabe as patoloxías de cada un, dálles moita tranquilidade, "imos cumprindo anos e envellecendo xuntos". Adoitan ser sobre vinte; levan un coche de apoio que lles permite andar sen carga. María Ángeles prepara minuciosamente o percorrido e as etapas son de ao redor de 20 quilómetros. "Eu vou de farol vermello, pechando filas, así van con confianza, porque saben que eu vou detrás", comentou e mostrou diferentes imaxes que ilustraron a disertación.

21 Novembro 2011
Notas de prensa
Imaxes