A empresa galega Lavacolla presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu novo aparcadoiro en Barallas
O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega presidiu este medio día a presentación/rolda de prensa do novo aparcadoiro, no aeroporto de Madrid-Barallas do grupo Lavacolla Aparcamiento, empresa galega en pleno proceso de expansión, con sede en Santiago de Compostela e presente xa nos aeroportos doutras cidades como Vigo, Sevilla e Lisboa; e con próximas aperturas en Valencia e Bilbao.
Madrid, 15 de decembro de 2010. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega presidiu este medio día a presentación/rolda de prensa do novo aparcadoiro, no aeroporto de Madrid-Barallas do grupo Lavacolla Aparcamiento, empresa galega en pleno proceso de expansión, con sede en Santiago de Compostela e presente xa nos aeroportos doutras cidades como Vigo, Sevilla e Lisboa; e con próximas aperturas en Valencia e Bilbao.
No acto interviñeron o director xeral da compañía, Fernando Pérez Fernández; o socio administrador, Abel Barbosa; o adxunto á directiva, José Antonio Machado Moura e o comunicador, e imaxe da empresa, Josemi Rodríguez Sieiro.
"É un importante proxecto feito realidade, que destaca pola súa grandeza e ter transformado o concepto de párking," dixo Ónega.
Para Pérez Fernández, "o noso obxectivo é ofrecer un trato personalizado, cun gran servizo a un baixo custo,".
Pola súa banda, Josemi Rodríguez Sieiro destacou que se trata de "unha idea magnifica e resulta moi cómodo chegar, que reciban o coche e que cho devolvan, cando ti digas e ademais limpo. Eu podo falar porque o usei en Vigo e o servizo é impecable e enriba barato. A calidade de vida son estas pequenas cousas que cha facilitan".
Pérez explicou que, o aparcadoiro de Madrid funciona dende hoxe mesmo; ten capacidade para 4000 prazas e o obxectivo é duplicalas o próximo ano.
Medio centenar de mozos foron xa contratados para prestar o servizo que permitirá deixar o coche, 24 horas, por 8 euros. Se a estanza supera os 4 días, a tarifa redúcese a 5 euros a partir da quinta xornada. Neste prezo inclúese a recollida do vehículo no aeroporto (ou o desprazamento do cliente do aparcadoiro ao aeroporto se desexa estacionalo el mesmo) e que o usuario teña o seu vehículo na porta do aeroporto ao seu regreso, á hora que sexa; ademais entrégase limpo, sen ningún cargo adicional.