"Entrañable, emocionante, auténtico..." palabras na Casa de Galicia esta noite tras o pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida" de Rubén Riós
Máis de medio centenar de persoas entre membros do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e invitados persoais do actor e director galego Rubén Riós tiveron a oportunidade de asistir hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia ao pase privado da curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", protagonizados por persoas con discapacidade e actores como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Luís Iglesia, Mariana Carballal... entre outros. "Entrañable, emocionante, auténtico, marabilloso..." fueron algunas de las palabras que surgieron después del visionado.
No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; a presidenta do Clube de Xornalistas Galegos en Madrid, Pilar Falcón; e o actor e director dos audiovisuais, Rubén Riós, que iniciou estes proxectos pensando en dedicarlles uns meses e converteunos en traballos de longo percorrido, agora grazas ao apoio da ONCE e ao entusiasmo que espertou o utilizar o cinema como medio de normalización coas persoas con discapacidade. Tras as palabras de benvida, José Ramón Ónega, agradeceu a Rubén e a Pilar que elixisen a Casa para este pase "tan exclusivo que é unha verdadeira primicia para nós. É unha honra e un privilexio que seguro que imos gozar moito", dixo e engadiu que "Rubén Riós é, ademais de bo actor e produtor unha gran persoa. Sempre comprometido con todas as causas nas que pode axudar, algo que todos valoramos e lle agradecemos". Tamén comentou algúns aspectos da súa traxectoria e explicou que aínda que o seu verdadeiro nome é Rubén Rodríguez, firma sempre como Rubén Riós como homenaxe ao pequeno pobo no que naceu, o súa terriña, situada preto de Verín, en Ourense, onde como el di, "xa quedan máis castiñeiros que persoas". En Galicia é moi coñecido polo seu traballo en series como "Libro de familia" líder de audiencia durante máis de 10 anos en prime time de TVG, Matalobos ou Urxencias; e en películas como Vilamor e Pradolongo. "Rubén é incombustible e compaxina á perfección a súa faceta de actor, produtor e director". Tamén destacou unha das súas cualidades que o caracterizan, a solidariedade, pois desde as súas primeiras aparicións en televisión aproveitou o seu impacto nos medios para axudar ás persoas máis necesitadas difundindo as súas historias e participando activamente en galas e eventos benéficos. Descubriu o mundo da discapacidade nunha desas colaboracións. O que aparentemente parecía unha discapacidade, converteuna en oportunidade para plasmar as múltiples capacidades que a discapacidade pode ofrecer ao mundo da cultura e decidiu aproveitar os seus 12 anos de experiencia para crear "Vida", e " Máis ca vida", proxectos que teñen "moita vida por diante".
Tras a proxección, escoitáronse palabras como emoción, sinceridade, autenticidade, marabilloso e estableceuse un animado coloquio. Rubén sinalou non ser a mesma persoa antes que despois da rodaxe, "nin mellor nin peor pero está claro que son distinto. Eu aprendín moito máis do que ensinei". O proxecto ten previsto seguir moito tempo, "porque aínda queda moito por facer e a aposta da ONCE é unha garantía".
"Podemos ser diferentes e distintos pero todos sentimos igual", dixo Pilar Falcón a modo de resumo.
Máis información en: