'ENTRE FÍOS E RAÍCES', UNHA LECCIÓN DE VIDA DE SEIS MULLERES DE CASTRELO DO MIÑO, NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
05/22/2024
05/22/2024
22/05/2024

'ENTRE FÍOS E RAÍCES', UNHA LECCIÓN DE VIDA DE SEIS MULLERES DE CASTRELO DO MIÑO, NA CASA DE GALICIA EN MADRID

 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na proxección do da curtametraxe documental ‘Entre fíos e raíces'.

As protagonistas da cinta, seis mulleres con idades comprendidas entre os 80 e 91 anos, narran como é a súa vida e as actividades que fan para manterse activas e ter un estilo de vida saudable. Todas estas mulleres, veciñas de Castrelo do Miño (Ourense), son valentes mulleres que contan as súas experiencias vitais, desde ter que emigrar e deixar a súa terra e aos seus, as súas vivencias de mozas, o retorno ás orixes... e o devir do presente.

Ao acto de presentación asistiron Avelino Pazos Pérez, alcalde de Castrelo de Miño e María Sol Alonso, concelleira de Servizos Sociais, que estiveron acompañados polas protagonistas da curtametraxe, a directora de Trebellos Mediación, a directora da Casa do Maior de Castrelo de Miño e a traballadora social do Concello, Inmaculada Victorino.
 

22 Maio 2024
Notas de prensa
Imaxes