A ESCOLA DE ARTE RAMÓN FALCÓN, DE LUGO, CELEBRA OS SEUS 50 ANOS DE VIDA CUNHA EXPOSICIÓN NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
12/07/2023
12/07/2023
07/12/2023

A ESCOLA DE ARTE RAMÓN FALCÓN, DE LUGO, CELEBRA OS SEUS 50 ANOS DE VIDA CUNHA EXPOSICIÓN NA CASA DE GALICIA EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición “PASADO-PRESENTE-FUTURO” co que se celebra o 50 aniversario da Escola de arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo.

Na exposición, participou tamén, o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias que agradeceu o labor do equipo directivo da escola, co director Ramón Cabarcos á fronte, e tamén dos alumnos. Destacou as cinco décadas de traballo por «unha formación crave para os futuros profesionais que nutre a cultura do noso  país». Destacou que o centro lucense foi pioneiro e ségueo sendo, por exemplo, coa implantación de ciclos plurilingües nos ensinos artísticos; tamén polos premios que reciben os seus alumnos, e polos 50 anos de historia.

Trátase dunha exposición conmemorativa polas súas 50 anos de vida. Esta escola que é hoxe un referente en Galicia e en España iniciou a súa andaina no ano 1969. 

Ramón Cabarcos, director da Escola de arte Superior de Deseño Ramón Falcón explicou que a  “mostra precisamente percorre a traxectoria do centro educativo, que traballou por unha formación artística de calidade e alta cualificación, e fixo un repaso da historia do centro dende a súa fundación.

A mostra recolle pezas de autoría de sinalados profesionais do ámbito artístico que se formaron neste centro ao longo dos 50 anos, e que  foi realizada por alumnos e profesores da escola, que vén de organizar unha serie de eventos festivos e culturais  pola celebración do 50 aniversario. 

A exposición poderá visitarse nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro, da Casa de Galicia en Madrid, ata o vindeiro xoves, 4 de xaneiro de 2024, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
 

07 Decembro 2023
Notas de prensa
Imaxes