Estrea en Madrid da película "A palabra xusta" este fin de semana no Matadero

Notas de prensa
10/27/2017
10/29/2017
27/10/2017 - 29/10/2017

Estrea en Madrid da película "A palabra xusta" este fin de semana no Matadero

Este próximo fin de semana, o venres 27, sábado 28 e domingo 29 estréase na sala Estudio do  Matadero de Madrid, -aforamento limitado e entrada gratis ata completalo-, "A palabra xusta" dirixida por Miguel Piñeiro, que mostra a historia dunha mestra e pedagoga de 92 anos que regresa a Muras (Lugo) a unha casa parada no tempo. Alí Antía Cal Vázquez "Tita" inicia unha conversación cos seus recordos, as imaxes dunha vida atrapadas en vellas fotografías, a paisaxe de montaña que rodea a casa e a memoria conservada en vellas cartas do amor da súa vida, Antonio Beiras.

A través das palabras de Tita, móstrase a Galicia e a España gris dos anos 50; as súas viaxes por Europa para atoparse cunha pedagoxía avanzada que a leva a fundar en 1961 un colexio en Vigo. Unha escola laica, igualitaria, conectada coa realidade inmediata e onde as clases se impartían en distintas linguas: inglés, castelán e galego.

A palabra xusta é unha historia de amor e de educación. O título é o nome do xogo inventado pola profesora para ensinar aos alumnos a amar a linguaxe. Ao terminar a clase cada neno tiña que escribir nun pequeno papel, da forma máis sintética, o que aprendera ese día, se era posible resumido nunha soa palabra. As respostas poñíanse na parede e entre todos decídían a mellor. A palabra xusta.

Idioma: Castelán e galego con subtítulos en castelán

Fotos e dossier para descargar están tamén dispoñibles no seguinte link: https://we.tl/47l0QUILXE

Link ao trailer con subtítulos en castelán: https://vimeo.com/145934044

Máis información en http://www.cinetecamadrid.com/pelicula/la-palabra-xusta/2933 /

27 Outubro 2017
-
Notas de prensa
Imaxes