A EXPOSICIÓN, “ENTROIDO. MOBILIARIO,VESTIDO, ESCULTURA” XA PODE VISITARSE DESDE ONTE NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
01/10/2024
01/10/2024
10/01/2024

A EXPOSICIÓN, “ENTROIDO. MOBILIARIO,VESTIDO, ESCULTURA” XA PODE VISITARSE DESDE ONTE NA CASA DE GALICIA EN MADRID

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na inauguración da exposición de escultura "Entroido. Mobiliario, vestido, escultura", de Anxo Manuel Rodríguez Romero "Piquico". 

"Mobiliario vestido" pretende mostrar a continuidade entre corpo, roupa e moble.
Representar unha conxugación entre o atávico da festa e a modernidade, xogando cos personaxes do entroido, o seu animalario, como a mula ou o oso e os elementos típicos e simbólicos desta festa. 

Pezas orgánicas, xogando á vez co contraste da pura xeometría do mobiliario, o cubismo e a idea de corte, de ensamble, de bloque ou de desbaste.
Móstrase desde o máis duro todo o máis branco ou o máis áspero, xogando coa cor ou a textura provocados polas ferramentas e a forma.

O material utilizado é sobre todo madeira, de varios tipos, tamén lousa, pedra, papel de parede, mármore, granito, ferro ou a iluminación.
Os acabados van desde os naturais ou pulidos, policromía, pigmentación, lacado ou lustre, dando brillantes transparencias de cor, efectos de esmaltado.
A propia materia orgánica, xunto coas cristalinas transparencias ou material lacado, simbólicamente contrapostos, tentan conciliarse e simbolizar o representado.

Piquico é unha artista recoñecido a nivel nacional que levou a cabo exposicións e actividades artísticas relacionadas co mundo e a cultura do entroido relacionadas coas súas raíces na zona oriental de Ourense.

A exposición poderá visitarse na sala Álvaro Cunqueiro, da Casa de Galicia en Madrid, até o vindeiro mércores, 31 de xaneiro, en horario de 

10 Xaneiro 2024
Notas de prensa
Imaxes