Feijóo refírese a Caneiro como exemplo da literatura galega sin murallas, que brota dun pobo tolerante e amigo da palabra

Notas de prensa
03/13/2017
03/13/2017
13/03/2017

Feijóo refírese a Caneiro como exemplo da literatura galega sin murallas, que brota dun pobo tolerante e amigo da palabra

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse esta tarde ao escritor Xosé Carlos Caneiro como un exemplo da literatura galega sen murallas, que brota dun pobo tolerante e amigo da palabra.

Durante a presentación do libro Todas las vidas de Madame Bovary, Feijóo aseverou que esta obra de Caneiro pon de manifesto a riqueza literaria e expansiva de Galicia e lembrou, ademais, a forza que, desde sempre, ten para os galegos a palabra como vínculo de unión dunha poboación dispersa. "Quizá por iso os galegos interpretamos o noso bilingüismo como unha inmensa sorte e nunca como unha dificultade ou unha causa de conflito", aseverou.

Nesta liña, o presidente do Goberno galego expresou o convencemento de que se os intentos por converter en conflito a convivencia idiomática fracasaron foi porque se toparon cunha cidadanía que cree na liberdade, na tolerancia, "e na riqueza que supón contar con ese inmenso caudal de palabras, que tan ben soan nos libros e artigos de Caneiro", dixo.

13 Marzo 2017
Notas de prensa
Imaxes