A figura de San Francisco de Asís pecha as XXIX Xornadas de Cultura Galega organizadas por Grugalma na Casa de Galicia

Notas de prensa
06/20/2013
06/20/2013
20/06/2013

A figura de San Francisco de Asís pecha as XXIX Xornadas de Cultura Galega organizadas por Grugalma na Casa de Galicia

 A figura de San Francisco de Asís ocupou hoxe a última sesión das XXIX Xornadas de Cultura Galega que o Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema, celebrou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, co título "Dous personaxes que deron celebridade ao Camiño de Santiago". Eses dous personaxes son o Rei Fernando V de Castela, Fernando El Católico, nos 497 anos da súa morte, ao que se dedicou a sesión de onte, e de San Francisco de Asís, ante o próximo VIII Centenario da súa peregrinación.

Madrid, 20 de xuño de 2013. - A figura de San Francisco de Asís ocupou hoxe a última sesión das XXIX Xornadas de Cultura Galega que o Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma), que preside o profesor Manuel Mourelle de Lema, celebrou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, co título "Dous personaxes que deron celebridade ao Camiño de Santiago". Eses dous personaxes son o Rei Fernando V de Castela, Fernando El Católico, nos 497 anos da súa morte, ao que se dedicou a sesión de onte, e de San Francisco de Asís, ante o próximo VIII Centenario da súa peregrinación.

Esta segunda xornada estivo presidida por Manuel Mourelle de Lema, académico C. da Real Academia da Historia, profesor titular emérito da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e membro da Real Academia de Cultura Valenciana, que onte disertou sobre Fernando El Católico. Tivo como relatores a José María Blázquez Martínez, académico da Real Academia da Historia, ex catedrático da UCM e membro do Colexio Libre de Eméritos Universitarios, que falou sobre a vida de San Francisco de Asís e o seu contexto histórico, e Antonio Valderrama Pérez, O.F.M, reitor da Basílica de San Francisco o Grande e gardián do Convento de San Francisco o Grande de Madrid, que abordou a figura do santo dende o plano relixioso e espiritual.

Blázquez Martínez mantivo que, fronte ao fracaso reformista que tiveron algúns movementos que se enfrontaron a unha Igrexa que se achaba centrada no poder e a riqueza, San Francisco, sen enfrontarse á xerarquía, foi un reformista que achegou simplicidade, humildade e pobreza, ademais dun importante elemento laico, pois nunca se ordenou sacerdote, e o seu desexo de converter os sarracenos.

Explicou que procedía dunha familia rica e fora educado no luxo. Aos 24 anos entrou nunha igrexa na que se estaba a predicar unha pasaxe do evanxeo sobre a pobreza, o que coincidiu cunha visión que tivo de Xesucristo pedíndolle que lle axudase a reformar a Igrexa; entón, deixou as comodidades da súa vida para aplicar o ideal de pobreza. Resaltou que veu a España coa idea de ir a predicar a Marrocos polo que considerou lóxico que visitase Santiago de Compostela, por ser o gran santuario do país e polo carácter que tiña o Apóstolo na loita contra os mouros. Subliñou así mesmo as súas relacións cos animais, "o que o fai moi moderno", e a súa defensa dos dereitos dos indios.

Pola súa banda, fray Antonio Valderrama, que estivo vinte anos de misioneiro en África e foi un dos fundadores da orde franciscana en Ruanda, centrou a súa intervención no aspecto relixioso da vida de San Francisco, subliñando o seu celo en evanxelizar, que incluía a evanxelización dos sarracenos, e a concepción dos franciscanos da fraternidade como un don.

Respecto á estanza de San Francisco en Santiago, Valderrama explicou que aínda que non hai datos histórico concretos si existen moitas crónicas que se refiren a ela, destacando en especial a "Crónica dos vinte e catro xenerais", segundo a cal é en Santiago onde San Francisco comeza a ser consciente de que ten que fundar conventos. Coincidiu co anterior relator en que a motivación da chegada de San Francisco a España era que quería ir a predicar a Marrocos e que ao estar aquí era lóxico que fose a visitar a tumba do Apóstolo.

A xornada finalizou coa entrega do Diploma de Grugalma, por parte de Mourelle de Lema, aos dous relatores.

 

20 Xuño 2013
Notas de prensa