A FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA FAI ENTREGA DA MEDALLA DE OURO AOS XENERAIS DE DIVISIÓN DO EXÉRCITO ESPAÑOL E DA GARDA CIVIL NA CASA DE GALICIA

Notas de prensa
04/22/2023
04/22/2023
22/04/2023

A FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA FAI ENTREGA DA MEDALLA DE OURO AOS XENERAIS DE DIVISIÓN DO EXÉRCITO ESPAÑOL E DA GARDA CIVIL NA CASA DE GALICIA

Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, clausurou o acto de entrega da medalla de ouro aos xenerais de división do Exército Español e da Garda Civil: Excmo. Sr. D. Antonio Romero Losada, Excmo. Sr. D. Luís Cortés Delgado e Excmo. Sr. D. Anxo Alonso Miranda. 

Tamén lles foron entregados de diplomas e metopas aos centros galegos en Madrid: Centro Galego de Madrid, Asociación “Corredos do Henares” e Xuntanza de Alcobendas.

O acto contou, entre outros persoeiros, coa presenza do Presidente da Academia Xacobea e patrón, D. Xesús Palmou Lorenzo. 

O acto estivo presentado por Presenta D. Jesús Busto Peteiro, Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia quen se mostrou agradecido á Xunta por acoller este acto na súa delegación en Madrid.

D. Julio Alonso Miranda (Membro do Padroado Reitor da Fundación Amigos de Galicia) deu lectura ás actas que recoñecía os méritos dos premiados, e posteriormente levouse a cabo a imposición das medallas e a entrega de metopas e diplomas, que correu a cargo do seu presidente, o doutor D. Ramiro José F. Varela Cives.

O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, clausurou o acto e puxo en valor os obxectivos da Fundación Amigos de Galicia,  que “ten como misión  a atención ás persoas  en situación ou risco de exclusión social, promovendo a súa inserción no mercado laboral, e traballa para lograr unha sociedade máis xusta, culta e solidaria, especialmente na Comunidade Autónoma de Galicia”

22 Abril 2023
Notas de prensa
Imaxes