Galicia e o estado mexicano de Guanajuato acordan colaborar no ámbito turístico
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario de Turismo del estado mexicano de Guanajato, Fernando Olivera, asinaron hoxe, na Delegación da Xunta en Madrid, un memorándum de entendemento no que se establece a folla de ruta para colaborar no ámbito turístico e fortalecer así as accións encamiñadas a súa promoción.
Trátase dun acordo que, en palabras de Nava Castro, supón un "importante paso adiante para a internacionalización de ambos os dous destinos". Unha internacionalización que, lembrou, é un dos obxectivos clave en las liñas de traballo de Turismo de Galicia, enmarcados na Estratexia de Turismo 2020.
"Estamos a traballar para incrementar o número de viaxeiros que nos visitan e queremos facelo, fundamentalmente, a partir do auxe do turista estranxeiro", indicou lembrando que o obxectivo da nova Estratexia de Turismo, é que en 2020 o turismo internacional represente o 33,3% do total.
Neste sentido e incidindo nesta internacionalización, a directora de Turismo de Galicia resaltou a importancia de asinar acordos como o rubricado hoxe, a través do cal os destinos de Galicia e Guanajuato establecerán liñas de colaboración nas que realizarán un intercambio de información e material turístico. Deste xeito, vaise a promocionar o destino turístico de Galicia no Estado de Guanajuato, da mesma maneira que Galicia tamén promocionará este destino mexicano.
Plan de traballo conxunto
Tamén se acordou elaborar un plan de traballo conxunto para a concreción dos prazos asociados ás diferentes liñas de traballo, así como unha memoria que resuma o traballo realizado e a desglose o aprendizaxe resultante.
Nava Castro se referiu tamén ás similitudes entre ambos destinos, centrados na gran riqueza cultural, recursos singulares, rica gastronomía, recursos termais, así como unha ruta de peregrinación. Ademais, lembrou que no Camiño de Santiago, o mercado mexicano está a demostrar ser un mercado en auxe, incrementando o número de peregrinos hasta chegar a alcanzar os máis de 2.300 que chegaron o pasado ano.