Goyo González retrata en 360º todas as etapas do Camiño de Santiago francés

Notas de prensa
09/04/2024
09/04/2024
04/09/2024
A exposición fotográfica xa se pode visitar na Casa de Galicia en Madrid

Goyo González retrata en 360º todas as etapas do Camiño de Santiago francés

Goyo González percorreu todos os camiños de Santiago que se estenden ao longo do mapa, e todos eles en máis dunha ocasión. Desta volta, e como xa é habitual, a súa peregrinaxe e a arte danse a man para crear a colección 'Camiño de Santiago francés en 360º, desde Saint Jean Pied de Port ata Fisterra'. Unha exposición que se inaugurou coa presenza do artista, acompañado do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos.

A técnica que utiliza Goyo é curiosa, e é que as fotos non son tomadas cunha cámara 360º, senon que o artista toma aproximadamente 40 fotografías seguidas, virando sobre o seu propio talón e logo as unifica ata formar a esfera que se aprecia nas imaxes. Goyo non só é peregrino no seu Camiño, tamén exerce de hospitalero e recibe a moitas das persoas que adiantou na peregrinaxe.

A dúas últimas ilustracións da colección pretenden mostrar dunha maneira diferente á habitual a Praza do Obradoiro e o faro de Fisterra. A exposición está aberta na Casa de Galicia en Madrid ata o 30 de setembro. Horario de luns a sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e os domingos de 10:00h a 14:00h, nas salas Álvaro Cunqueiro e Camilo José Cela. Entre o luns 9 de setembro e o mércores 11, a exposición permanecerá pechada.

04 Setembro 2024
Notas de prensa
Imaxes