INAUGURADA A EXPOSICIÓN “MORRIÑA DE ESTRELAS” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Notas de prensa
11/04/2022
11/04/2022
04/11/2022

INAUGURADA A EXPOSICIÓN “MORRIÑA DE ESTRELAS” NA CASA DE GALICIA EN MADRID

- A artista Lola Doporto estivo acompañada polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Madrid, 4 de Novembro de 2022.- O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da exposición “Morriña de Estrelas”  composta por diversos lenzos nos que se representan figuras e composicións inspiradas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Rodríguez Miranda e Lola Doporto foron recibidos nesta inauguración polo director da Casa de Galicia, Juan Serrano.

Tal e como asegurou Rodríguez Miranda, esta mostra chea “de plasticidad expresiva e cor” un espazo expositivo de primeira orde como é a Casa de Galicia en Madrid. Felicitou á artista pola súa achega á imaxinería propia do mestre Mateo e animou a todos os veciños da capital de España a visitar unha exposición inspirada no “campo de estrelas” que é Compostela e no propio Camiño de Santiago.

Pola súa banda, Lola Doporto agradeceu a presenza do Secretario Xeral, e deu as grazas a Juan Serrano, director da Casa de Galicia pola súa disposición e as facilidades mostradas para levar a cabo a súa exposición.

Doporto confesou que unha visita inesperada ao Pórtico da Gloria inspirou a súa obra na que “trato de reflectir a vitalidade e a cor do Mestre Mateo na época medieval”, afirmou a artista.

O catálogo, elaborado pola Casa de Galicia para Lola Doporto, inclúe unhas palabras  do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín e un texto introdutorio da artista e crítica en arte, Tareixa Taboada.

A exposición “Morriña de estrelas” poderá visitarse na sala A de a Casa de Galicia  en Madrid ata o próximo 30 de novembro, en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.
 

04 Novembro 2022
Notas de prensa
Imaxes