Javier Sanmateo explica na Casa de Galicia a relación de Isaac Peral con Galicia e con ilustres galegos

Notas de prensa
04/11/2012
04/11/2012
11/04/2012

Javier Sanmateo explica na Casa de Galicia a relación de Isaac Peral con Galicia e con ilustres galegos

O economista e escritor Javier Sanmateo Isaac Peral explicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as relacións, pouco coñecidas, que o seu bisavó Isaac Peral -mariño español que construíu o primeiro submarino dotado de propulsión eléctrica en inmersión, superando con iso as limitacións dos deseños anteriores e facendo viable a navegación submarina- mantivo con Galicia e con galegos ilustres, como o mariño Casto Méndez Núñez e a escritora Emilia Pardo Bazán. Fíxoo nunha conferencia que impartiu co título "Isaac Peral e Galicia: unha relación descoñecida".

Madrid, 11 de abril de 2012. - O economista e escritor Javier Sanmateo Isaac Peral explicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as relacións, pouco coñecidas, que o seu bisavó Isaac Peral -mariño español que construíu o primeiro submarino dotado de propulsión eléctrica en inmersión, superando con iso as limitacións dos deseños anteriores e facendo viable a navegación submarina- mantivo con Galicia e con galegos ilustres, como o mariño Casto Méndez Núñez e a escritora Emilia Pardo Bazán. Fíxoo nunha conferencia que impartiu co título "Isaac Peral e Galicia: unha relación descoñecida".

O conferenciante contou coa participación no acto do poeta e capitán da Mariña Mercante Juan Manuel Gracia Menocal, que leu algunhas das súas poesías ao mar, a Peral e á costa de Galicia, e do coordinador das actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que presentou aos intervenientes.

Sanmateo situou a figura de Isaac Peral dentro do seu contexto histórico e seguidamente afondou nas súas relacións con galegos ilustres, principalmente, a de admiración que sentiu polo máis prestixioso mariño da época: Casto Méndez Núñez. Admiración persoal que, dixo, levou a Peral a participar na inauguración do monumento que foi erixido a Méndez Núñez en Vigo, a súa cidade natal, mediante subscrición popular e por iniciativa da sociedade El Gimnasio, pola que foi invitado de honra no evento.

Á admiración natural que sentían por Méndez Núñez a maioría dos mariños da xeración de Peral, éste sumaba un coñecemento de primeira man da súa xesta por casarse coa filla do médico da Armada que serviu ás súas ordes na Numancia, e quen lle atendeu das graves feridas sufridas a bordo durante o combate de El Callao.

Logo, o conferenciante referiu a interesante e practicamente descoñecida relación que Isaac Peral entaboou coa ilustre escritora Emilia Pardo Bazán, durante a estanza/convalecencia de ambos os dous no balneario de Mondariz, no verán de 1890 (nas mesmas datas da inauguración do monumento a Méndez Núñez). Tamén comentou a relación do mariño co doutor Enrique Peinador, fundador e artífice do éxito deste balneario.

Finalmente explicou a actividade que Isaac Peral desenvolveu como empresario e pioneiro da segunda Revolución Industrial, que lle levou a converterse, entre outras cousas, en propietario de minas de antimonio na provincia de Ourense, concretamente na bisbarra de Valdeorras, destacando que isto era por completo descoñecido ata que o descubriu recentemente o historiador galego Ricardo Gurriarán.

Javier Sanmateo Isaac Peral, natural de Madrid, é licenciado en Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e máster en Dirección de Recursos Humanos por ICADE, coñecementos que aplicou traballando para a banca e para a industria do automóbil. É autor dunha biografía de Isaac Peral, publicada en 2008, e de varios artigos publicados en revistas de carácter histórico e pronunciou conferencias sobre temas relacionado con Peral, os submarinos e a historia militar e naval.

11 Abril 2012
Notas de prensa
Imaxes