JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPOU EN X FORO DE INNOVACIÓN TURÍSTICA HOTUSA EXPLORA, QUE DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á SEMANA DE FITUR

Notas de prensa
01/23/2024
01/23/2024
23/01/2024

JAVIER VÁZQUEZ, DIRECTOR DA CASA DE GALICIA EN MADRID, PARTICIPOU EN X FORO DE INNOVACIÓN TURÍSTICA HOTUSA EXPLORA, QUE DÁ O PISTOLETAZO DE SAÍDA Á SEMANA DE FITUR

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no X Foro de Innovación Turística Hotusa Explora, no Hotel Eurostars Tower. O Grupo Hotusa organizou un ano máis o Foro de Innovación Turística Hotusa Explora que dá inicio a Fitur, a Feira de Turismo que se celebra en Madrid entre os días 24 e 28 de xaneiro. Este evento consolidouse como un referente no sector do turismo e da innovación.  

A cita mantén o seu obxectivo de crear un espazo para o diálogo e o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias, á vez que dar lugar á reflexión e a xeración de conclusións, nunha contorna multidisciplinar, que favoreza á innovación, o desenvolvemento de proxectos e posibles acordos de cooperación en favor do avance do sector.

Participaron neste encontro: Alberto Núñez Feijóo, Presidente do PP; Amancio López, Presidente do Grupo Hotusa; Antonio Garamendi, Presidente CEOE; Carme Artigas, Ex Secretaria de Estado de Dixitalización; Carmen Martínez Castro, Ex secretaria de Estado de Comunicación (2011-2018); Eddie Wilson, CEO Ryanair; Enrique Goñi, Presidente Instituto Hermes; Enrique Manso, Socio responsable de IA en EY Parthenon; Fabio Godinho, CEO de CVC CORP; Fernando Vives, Director comercial de NH Hotel Group; Javier Gándara, Presidente de Á; Juan Carlos González, Director Xeral de Avoris; José Luís Martinez-Almeida,  alcalde de Madrid; Manuel Molina Espinosa, Director e editor de Hosteltur; Marco Sansavini, CEO de Vueling; Maurici Lucena, Presidente de Aena; Nuria Oliver, Cofundadora e vicepresidenta de ELLIS; Pablo Hernández de Cos, Gobernador do Banco de España; Raúl González, CEO EMEA Barceló Hotel Group; Ana Pastor, Ex Ministra de Sanidade e Consumo (2002-2004) e Fomento (2011-2016); e Jordi Hereu, Ministro de Industria e turismo.

 

23 Xaneiro 2024
Notas de prensa
Imaxes