Julio Lage, novo presidente dos empresarios galegos en Madrid
AEGAMA, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, ten novo presidente. Trátase do ourensano, Julio Lage que encabezaba a única candidatura que optaba ao cargo. Lage substitúe a Francisco Cal Pardo, -co que xa ocupaba a vicepresidencia- despois dunha década á fronte dunha das máis activas asociacións profesionais na capital de España.
Madrid, 14 de xuño de 2011. AEGAMA, a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, ten novo presidente. Trátase do ourensano, Julio Lage que encabezaba a única candidatura que optaba ao cargo. Lage substitúe a Francisco Cal Pardo, -co que xa ocupaba a vicepresidencia- despois dunha década á fronte dunha das máis activas asociacións profesionais na capital de España.
Medio centenar de empresarios déronse cita na Sala A da Casa de Galicia, ás 19:00 horas da tarde, en primeira convocatoria, e ás 20:00 na segunda. Como manda o protocolo, tras a celebración da Asemblea Xeral e da despedida de Francisco Cal como presidente, leváronse a cabo as votacións para a elección da nova xunta directiva.
No seu amplo programa Lage formulou como obxectivos a "revitalización da asociación, captación de novos socios, ampliar o ámbito de influencia e ser un punto de referencia para os empresarios galegos". Para Lage hai dúas liñas de actuación de especial interés para traballar: "Captar novos socios e ampliar as fontes de financiamento".
O novo equipo para a próximos anos está formado por: Julio Lage como presidente; Clemente González Soler, vicepresidente; Francisco Moure, vicepresidente segundo; María José Pintor, secretaria; José Gabeiras, vicesecretario; Alfonso Esteban, tesoureiro; e Gaspar de Vicente, vicetesoureiro. Como vogais: José Manuel Campos, Vicente Lage, Silvia Catoira, José Antonio Fernández Ramos, Fernando Rodríguez, Antón Alonso...