"Me Gusta el Pulpo" presentou hoxe en Madrid o seu revolucionario concepto de hostalaría galega para autoemprego

Notas de prensa
07/10/2013
07/10/2013
10/07/2013

"Me Gusta el Pulpo" presentou hoxe en Madrid o seu revolucionario concepto de hostalaría galega para autoemprego

A franquía galega "Me Gusta el Pulpo" presentouse hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia ante diferentes asociacións de hostaleiros a nivel local e nacional así como a decenas de emprendedores nun acto no que se levou a cabo, ademais da presentación, unha demostración e unha degustación de todos os produtos galegos que a nova cadea hostaleira ofrece aos seus clientes.

Madrid, 10 de Xullo de 2013.-A franquía galega "Me Gusta el Pulpo" presentouse hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia ante diferentes asociacións de hostaleiros a nivel local e nacional así como a decenas de emprendedores nun acto no que se levou a cabo, ademais da presentación, unha demostración e unha degustación de todos os produtos galegos que a nova cadea hostaleira ofrece aos seus clientes.

A presentación correu a cargo do director xeral de "Me Gusta el Pulpo", Marcos Ramos, a quen deu a benvida á Casa o seu responsable de Actividades Económicas, Ana Rodríguez Barrera, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega. Rodríguez recordou que, por comunidades, Galicia ocupa o quinto lugar no listado de franquías en España, sendo a restauración e a moda as súas puntas de lanza.

Ramos explicou: "Presentamos hoxe en Madrid un concepto único no sector das franquías e enfocado directamente ao emprendedor e ao autoemprego. O desenvolvemento deste negocio está pensado para poder ter un negocio propio sen ter que estar pendente dos múltiples factores que envolven o día a día dun restaurante. Quixemos simplificar todos os procesos para xerar emprego e proxectar a rica gastronomía galega por Madrid, España e por todo o mundo xa que pronto exportaremos a marca a nivel internacional".

O novo establecemento da firma galega Open Sea Gourmet empeza así a súa expansión por España tras a apertura de dous puntos en Galicia nun complexo hoteleiro que dispón.

"Me Gusta el Pulpo" é unha franquía destinada a emprendedores que queren xerar o seu propio autoemprego. O seu éxito reside no conxunto de establecementos e illas de show cooking, especializados na comercialización de polbo ao xeito tradicional galega ("a feira"), e outros produtos típicos galegos como o pan, patacas, empanada, bebidas e outros produtos relacionados, sempre de gran calidade e dentro do concepto do negocio.

A nova franquía conta co apoio de empresas do sector que foron avaladas para o desenvolvemento do proxecto por Centros Tecnolóxicos e a Xunta de Galicia. A principios de ano recibiu o premio á franquía máis innovadora de Galicia.

A franquía confirmou que durante os próximos meses ten prevista a apertura de cinco novos establecementos entre Madrid, Levante, Andalucía e Asturias.

Acerca de "Me Gusta el Pulpo"

"Me gusta el Pulpo", é unha franquía consistente que pertence ao grupo Open Sea Gourmet, galego. Conta con varios establecementos en Galicia así como cun concepto novidoso a base de illas de show cooking, especializados na venda de polbo ao xeito tradicional galega ("a feira") e outros produtos típicos galegos como o pan, patacas, empanada, bebidas e e demais produtos relacionados de calidade e dentro do concepto de negocio.

A principal diferenza de "Me Gusta el Pulpo" fronte a outros restaurantes do sector é a súa concepción no desenvolvemento de negocio claramente enfocado a crear autoemprego e franquías. A sinxeleza e viabilidade do negocio está perfectamente deseñada para apoiar o emprendedor.

10 Xullo 2013
Notas de prensa
Imaxes